18 de maio de 2009

10 anos "gastando pista"

Há 10 anos atrás nascia um dos projectos que mais contribuiu (e continua a contribuir) para a divulgação da música galega: "Ghastas Pista?", a web da autoria de Raquel Gamallo, que sem dar pelo tempo passar, tem sido incansável na sua constância informativa. E seguiremos gastando pista por muitos anos mais...

O 18 de maio Ghastas Pista fai 10 anos.

A web, centrada principalmente na música folk e tradicional, pero que se achega tamén a outros estilos, coa única condición de que a música feita sexa en galego; presenta información sobre novidades discográficas editadas tanto dentro como fóra da Galiza, así como albumes históricos xa descatalogados. Traballos que son comentados a eito polos visitantes.

Nos últimos anos Ghastas Pista? foi ampliando os seus contidos con videos, listados de locais, programas de radio, lugares onde asistir a clases... e eventos nos que poder disfrutar deste tipo de música; así como unha sección aberta a todo o mundo, na que poder informar e debatir sobre a actualidade musical galega do momento.

Nova etapa.

Un maior dinamismo, e interacción entre os usuarios: Coñecer xente con similares gustos musicais ou que frecuentan os mesmos concertos. Atopar con quen compartir coche para ir a un serán, ou amigos cos que ensaiar e aprender a tocar instrumentos... É o ambicioso reto que se plantexa no futuro.

Este portal, que naceu co obxectivo de dar a coñecer a novidades musicais do país, disponse a dar un paso máis alá e converterse non só nun punto de información, senón tamén nun lugar de encontro entre os que levan xa abonda pista ghastada e os que debecen por comezar a ghastala ao son da música galega.

Sem comentários: